lunes 23 de noviembre de 2009

¡NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!

“25 de Novembro” día internacional contra a violencia de xénero
Elixiuse este día para non esquencer o asasiñato das irmáns Mirabal na República Dominicana. En 1999 a ONU deulle carácter oficial a esta fecha.
Agresións e asasiñatos de mulleres saen a diario nos xornais, estes feitos prodúcense tan a miudo que xa o temos asumido como algo normal e inevitabel.
Tanto falar de coeducación e de educar na igualdade, e que pouco temos avanzado!
Vou poñer este vídeo como homenaxe a todas as mulleres maltratadas para que como María, a da canción, podan perder o medo e empezar de novo.

jueves 19 de noviembre de 2009

A bica (para Vermella)



Teño unha deuda con Vermella, pediume hai tempo a receita da bica e agora que ando un pouco liada cas receitas, voulla dar e de paso a tod@s os que queiran facer de reposteir@s.
Ingredientes:
215g. de masa(de pan)
115g. de mantequilla
285g. de zucre
215g. de fariña
4 ovos
2 cuchariñas de royal
A masa, a mantequilla e o zucre amásanse ben, mirade que o segredo e amasar moi ben polo menos durante un cuarto de hora.
Logo engádense os ovos pouco a pouco, e a fariña co royal xa incorporado vaise engadindo tamén pouco a pouco e a man.
Finalmente métese no forno a 180º durante unha hora mais ou menos e como me dixo a que fai bicas todas as semanas, xa vas vendo tu. Esto de "xa vas vendo tu" tamén mo di miña nai cando lle pido as cantidades dos ingredientes de algunha receita.
Teño que dicir que a que me deu a receita é a miña amiga Aurora, que ten a panadería e fainas todas as semanas, e están boísimas.
Como xa vos imaxinade a da foto é Aurora, neste caso facendo pizzas (tiñades que probar tamén as pizzas) a verdade é que é unha cociñeira escepcional.
A foto "roubeilla" do blog do seu home, Edu.

domingo 15 de noviembre de 2009

O anónimo.


Anónimo: Díse do escrito sin firma ou con firma falsa, no que polo común, dícese algo ofensivo.
É unha das acepcións desta palabra según o diccionario.

Isto de sair ao mundo a través dunha pantallita, ten como é normal, as súas ventaxas e desventaxas.
Eu desde que descubrín este aparelliño, quedei enganchada a él porque de súpeto atopei unha xaneliña pola que asomarme ao mundo dende a miña casa. A través desta xanela podo expresar as miñas opinións, contar todo aquelo que me apetece, e analizar a vida según eu a vexo.
Así que desde a miña fiestra vou contando contos, ou facendo crítica do que me parece que vai mal, ou do que non me gusta.
Ata aquí todo ben, o problema aparece cando o que unha expresa ou fai na vida, non é do gusto dos demais, eu con isto xa contaba e paréceme normal, non tod@s pensamos e actuamos do mesmo xeito (gracias a deus).
O que non me parece ben, é os que agochándose no anonimato que proporciona esta fiestra, verten insultos e atacan sen coñecemento de causa, e moitas veces difamando, porque “difama que algo queda”.
Esta é a grande desventaxa deste mundo virtual.
As veces un desexaría poder ver quen é ese anónimo sen que él/ela o soubese, inda que o mellor sería que tod@s tivésemos a obriga de identificarnos.
Preguntarédesvos onde me atacou o anónimo, pois noutro blog que teño, que se chama Petín Sociocomunitario, que está na lista de enlaces a esquerda.

miércoles 28 de octubre de 2009


Hoxe lin na prensa que aqueles funcionarios que nalgún momento tiveron algún cargo público (léase director xeral, deputado, secretario de nonseiqué, e se cadra tamén alcaldes etc. disto téñome que enterar ben) pois terán un soldo extra e VITALICIO engadido ao que cobren polo seu traballo, que poderá ser desde 3500 ata 14500 € ao ano.
Non dicía no periódico como se repartía isto, supoño que a cantidade a cobrar dependerá do cargo ou do tempo que nel se estivera, bon o caso é que resulta cando menos insólito, porque digo eu que se un é funcinario e un bo día decide adicarse a cousa política, está ben que se lle garde o posto que ten para cando remate a súa andaina política, pero o de cobrar un soldo vitalicio engadido ao que ten polo seu traballo, a verdade, non sei como calificar iste asunto, so se me ocorre que debemos vivir no país mais rico do mundo.

martes 20 de octubre de 2009

En prol da Lingua



O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.
>
> Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.
>
> Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda

martes 6 de octubre de 2009



Aiquí estou de novo. Pido disculpas pola miña ausencia aos amigos que acostumaban a pasar por iste sitio e prometo poñerme ao día e non deixar pasar tanto tempo sen dar sinais de vida.
E como veño de cumprir 48 anos e ademais son aboa, (isto xa o sabedes), vou a colgar un texto de Santiago Gamboa en homenaxe a todas as mulleres que, por arriba ou por abaixo xa rondamos o medio século. Adícollo moi especialmente a miña ptima Marité.

Hoxe teñen coarenta e moitos, ou incluso cincuenta e pico, e son fermosas, moi fermosas, pero tamén serenas, comprensivas, sensatas e sobre todo diabólicamente seductoras, isto a pesares das suas “patas de galo” ou da celulite que capitanea as súas cadeiras pero que as fai tan humanas, tan reais.
Fermosamente reais.
A maioría, hoxe, están casadas, ou divorciadas, ou divorciadas e casadas ca intención de non cometer o mesmo erro no segundo intento, que as veces e un xeito de acercarse ao terceiro ou se cadra ao cuarto…
Qué importa?
Outras inda que poucas manteñen un obstinado celibato, que protexen coma unha fortaleza sitiada, que de calquera xeito, de cando en cando, abre as súas portas a algún visitante.
¡Que fermosas son, por Deus as mulleres da miña xeración!
Nadas na era de Acuario, ca influencia da música dos Beatles, de Bob Dylan, de Lou Reed, do mellor cinema de Kubrick, e do inicio do boom latinoamericano, son seres excepcionais.
Herdeiras da revolución sexual da década dos 60 e das correntes feministas, elas souberon combinar liberdade con coquetería, emancipación con paixón, reivindicación con seducción.
Xamais viron no home un inimigo, a pesares de lle cantar algunhas verdades, pois entenderon que a súa emancipación era algo mais que poñer ao home a lavar a louza.
Son maravillosas, e teñen estilo, mesmo cando nos fan sofrir, cando nos enganan ou nos abandoan.
Usaron saias indias aos 18 anos, adornáronse con colares andinos, cubríronse con xerseis de lá e perderon a súa semellanza con María, a virxen, nunca noite de Venres ou Sábado, despois de bailar El Ratón con algún amigo que lles falou de Kafka, de Neruda e do cinema de Bergman.
Falaron con paixón de política e quixeron mudar o mundo, beberon ron cubano e aprenderon as cancións de Silvio Rodríguez e Pablo Milanés, coñeceron sitios arquolóxicos, foron cos seus namorados as praias, dormindo en tendas e deixándose picar polos mosquitos, porque adoraban a liberdade, e sobre todo xuraran amarnos para sempre, algo que sen dúbida fixeron e seguen a facer na sua fermosa e seductora madurez.
No fondo das suas mochilas levaban lapis de beizos, libros de Simone de Beauvoir e cintas de Victor Jara, e cando nos deixaban, cando non quedaba mais remedio que deixarnos, adicábannos aquela canción que é un clásico do xornalismo e do despeito que se chama: “Teu amor é un xornal de onte”.
Souberon ser, a pesar da súa beleza, raíñas ben educadas, pouco caprichosas e menos egoístas.
Deusas con sangue humana.
O tipo de muller que, cando lle abren a porta do coche para que suba, inclínase sobre o asento e abre por dentro a do seu compañeiro.
A que recibe a un amigo que sofre as catro da mañá, inda que sexa o seu ex-noivo, porque son maravillosas e teñen estilo, inda que nos fagan sofrir cando nos enganan, ou nos deixan, pois o seu sangue non é tan xelado como para non nos escoitar nesa salvadora e derradeira noite, na que están dispostas a servirnos o oitavo uisque, e a poñer por sexta vez aquela melodía de Santana.
Por iso para os que nacimos entre as décadas dos 40 e os 60, o día da muller é, verdadeiramente, todos os dias do ano, cada un dos días cas súas noites e cos seus amañeceres, que son mais fermosos, como di o bolero, cando está voçe.
¡Que fermosas son, por Deus, as mulleres da miña xeración!

domingo 24 de mayo de 2009

Bilingüismo á carta

Esta é unha carta que un amigo mandou a distintos medios de comunicación, cólgoa aquí co seu permiso, e engado para darlle mais bilingüismo: "la razón de la sinrazón que a mi razón se hace, de tal manera mi razón enflaquece que con razón ya no me quejo de la sinrazón "

Escoito con satisfacción e leo con agrado nos diversos medios de comunicación a proposta do novo Conselleiro de Educación de separar aos alumnos por aulas segundo o idioma que falen, galego ou castelán. A finalidade de dita proposta é garantir por unha banda a liberdade dos pais para escoller o idioma en que deben ser educados os seus fillos, e por outra preservar o dereito do profesorado a impartir as súas materias no idioma en que lles peta. Pois ben, en aras de dita liberdade lingüística, quixera pedirlle ao Presidente da Xunta e á Conselleira de Sanidade que fagan extensiva esta novidosa proposición ao ámbito sanitario de modo e maneira que os doentes teñan dereito a seren atendidos no idioma que desexen e os médicos poidamos diagnosticalos e tratalos no idioma que queiramos. O desenvolvemento do proxecto sería moi similar. Dividiríanse os usuarios do Servicio Galego de Saúde en galegofalantes e castelanfalantes e, segundo a lingua escollida, serían asignados a un determinado cupo médico. Eu son un Pediatra de Atención Primaria e falo cos meus pequenos indistintamente o galego e o castelán, mais a pesares de ter nacido en Zamora debo recoñecer que prefiro utilizar na miña consulta o idioma de Rosalía e Castelao e, sen poder evitalo, empatizo mais facilmente con aqueles nenos que tamén o falan. Pola contra, a miña benquerida compañeira de traballo, a pesares de ser viguesa de nacemento e dominar igualmente ambos os dous idiomas, gusta de expresarse na lingua de Cervantes ou Quevedo. Pois ben, a miña petición á Conselleira de Sanidade é que redistribúa e axuste os nosos cupos de tal forma que tanto os nenos como os seus pais e mesmo os sanitarios poidamos vivir a pediatría dentro dunha “amabilidade lingüística” que faga mais agradable o noso traballo.
Como o lector avezado xa terá deducido, este irónico escrito non é mais que unha pequena reflexión sobre o absurdo da proposta da Consellería de Educación, apoiada co seu silencio polo Presidente da Xunta, e sobre o fácil que é camiñar pola senda equivocada cegados polo éxito electoral e enxordecidos polas aclamacións dos mais fanáticos.

Asdo: Manuel Caramés.
Pediatra do Barco de Valedoras (Ourense)